Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2020

Debatemos o futuro do eucalipto na Costa da Morte

Imaxe
A Asociación en Defensa da Costa da Morte convídate a participar nunha mesa de debate sobre o presente e futuro forestal da nosa comarca, que contraporá o actual modelo baseado no monocultivo de eucalipto con posibles alternativas que supoñan máis biodiversidade e maior retorno para as comunidades locais. Será o sábado 8 de agosto, ás 20:00 horas, na Finca Cambeiro de Corcubión (a carón da Casa da Cultura). A asistencia ao evento é pública, libre e gratuita, sendo necesario inscribirse en http://foro.adecom.gal . Será obrigatorio o uso de mascarilla. Por outra parte, para facilitar o seguemento do debate a quen non poida achegarse presencialmente a Corcubión, habilitaremos a conexión a través da plataforma de videoconferencias Jitsi, á que se poderá acceder en meet.jit.si/forocostadamorte.

A Costa da Morte: 10 feridas abertas, 10 anos perdidos

Imaxe
Estas son as principais problemáticas e demandas detectadas pola nosa entidade que cremos que tamén comparten a inmensa maioría social da nosa comarca e as súas entidades. Desde ADECOM faremos todo o que esté na nosa man para que estas cuestións entren na axenda política, pois a Costa da Morte xa perdeu demasiado tempo agardando promesas incumpridas. 1. Despoboación: Unha comarca que se desangra Se algo teñen en común a práctica totalidade das poboacións da Costa da Morte é que todas elas perden poboación a marchas forzadas, e non pode ser casualidade que sexa a única zona da costa galega onde isto sucede de maneira xeralizada. Levamos anos escoitando promesas baleiras, sobre todo no ámbito das eleccións municipais e desde a perspectiva localista, mais o certo é que de non facer algo xa, e de continuar máis tempo esta tendencia, en poucos anos encontrarémonos cunha comarca envellecida, dispersa e que non poderá facer fronte nin sequera aos servizos públicos máis esenciais que presta á