Publicacións

A tres días do remate do prazo de alegacións, as alcaldías aínda non se dirixiron á veciñanza afectada polo P. E. Sembra

  Posto informativo na praia do Ézaro (Dumbría), o pasado sábado A Asociación en Defensa da Costa da Morte vai presentar este venres ás 10:30 horas ante o rexistro do Concello de Cee máis de medio milleiro de alegacións recollidas nos últimos días nos municipios de Cee, Fisterra e Dumbría, afectados polo proxecto de Parque Eólico Sembra que pretende montar Volantis Renovables nos seus montes. Posto informativo montado o pasado venres na Feira de Fisterra Este venres 20 de agosto remata o prazo de alegacións , e incomprensiblemente non nos consta que ningunha alcaldía se puxera en contacto coas veciñanzas afectadas, como lles pediu ADECOM hai case dous meses . De feito, foron as grandes ausentes dos postos informativos instalados pola nosa organización nas localidades afectadas polos macroeólicos (si se teñen achegado membros das corporacións). Non se entende que os nosos gobernos locais, máximas representacións da nosa veciñanza que ademais contan con todos os medios humanos e económ

Segue o desmantelamento da rede de oficinas de ABANCA na Costa da Morte

Imaxe
Por se a Costa da Morte atravesara xa poucas calamidades, segue outra sangría lenta pero imparable: o desmantelamento da rede de oficinas da que foi a principal caixa de aforros pública do noso entorno, que en cousa de dez anos foi fusionada con Caixanova, convertida en banca privada, e finalmente malvendida a uns especuladores que agora fan caixa a conta dos nosos aforros, e que para colmo veñen de recibir unha xugosa subvención de 2,8 millóns de euros públicos da Xunta para que pechen as oficinas dos nosos Concellos rurais e substitúan e os seus empregados e empregadas por un caixeiro automático. Zas e Baíñas reciben a última estocada a este servizo tan necesario no medio rural polo avellentamento da poboación, pero non hai moito tempo foron Dumbría, Lira, O Pindo... e mañá pode ser o teu concello.  Desde ADECOM expresamos a nosa solidariedade coa veciñanza afectada e tamén nosa indignación por esta nova aldraxe ao noso rural e á Costa da Morte. Estaremos alí onde se requira do noso

Tras o éxito da recollida de alegacións en Cee, estaremos en Fisterra e Dumbría

Imaxe
A veciñanza da Costa da Morte asinou xa unhas 300 alegacións contra o Parque Eólico de Sembra este domingo no posto informativo instalado no Mercado Municipal de Cee ao que se achegaron varios centos de persoas para informarse do verdadeiro alcance e prexuízos do proxecto e tamén subscribir o escrito de alegacións. A inmensa maioría de persoas que visitaron o posto de ADECOM fixérono cunha clara preocupación polo devir da que segue a ser practicamente a única zona da nosa bisbarra libre deste tipo de instalacións, a súa proximidade ás casas (uns 500 metros nalgún punto) e o beneficio practicamente nulo sobre as oportunidades de vida no entorno, xa que esa enerxía prodúcese para exportar e vender fóra, co cal só suporá beneficios á empresa promotora do proxecto (Volantis Renovables) mentras que a veciñanza seguirá a pagar unha das facturas da luz máis caras do estado e verá como perde a soberanía sobre as súas propiedades asi coma que o seu prezo de mercado se reducirá de media un 30%.

Non ao proxecto eólico de Sembra!

Imaxe
  Esta imaxe cos nosos montes no seu estado natural podería ser historia en poucos meses Unha nova ameaza pende sobre a Fin da Terra, xa que a administración recibiu a solicitude para a construción dun novo parque eólico chamado "Sembra", sito nos Concellos de Cee e Fisterra, practicamente a última zona deste entorno libre de macroinstalacións deste tipo. O proxecto, promovido pola empresa Volantis Renovables, unha sociedade limitada unipersoal constituída este mesmo ano por Juan Jesús Berzosa Aránguez (dono de outra multitude de empresas eólicas), prevé a creación nos montes de Cee e Fisterra dun número de 12 aeroxeradores e as súas correspondentes infraestruturas industriais, viarias e de evacuación da enerxía ata o Parque Eólico das Paxareiras, que suporán un tremendo impacto ecolóxico, na habitabilidade e na paisaxe desta zona da Costa da Morte que a fai coñecida internacionalmente, e que non se librará, de prosperar este proxecto, de que os aeroxeradores formen parte das

ADECOM adhire á Rede do Patrimonio Cultural

Imaxe
A comisión coordinadora da Rede do Patrimonio Cultural (RPC) , principal plataforma cooperativa das entidades sociais galegas dedicadas á defensa do patrimonio cultural, aprobou onte a adhesión da Asociación en Defensa da Costa da Morte (ADECOM). Desde ADECOM saudamos a importante labor que en defensa do patrimonio do País fai a Rede e as entidades que a conforman, e agardamos que a nosa achega sexa positiva para o conxunto das mesmas e sobre todo para o patrimonio cultural galego e da Costa da Morte.

Clamor na Coruña para expulsar os macroeólicos nas nosas aldeas

Imaxe
  A cidade da Coruña acolliu onte unha multitudinaria mobilización secundada por ducias de colectivos sociais e veciñais afectados pola vaga de novos proxectos eólicos plantexados no medio rural. Máis de dúas centas persoas encheron ás 12 horas a praza de Ourense, ante a Delegación do Goberno, para esixirlle ao executivo que remate coa senrazón destes proxectos que por ducias e centos pretenden asulagar o rural galego. ADECOM sumouse á iniciativa e tamén colocou unha pancarta esixindo unha moratoria eólica na entrada da Coruña, e está a perfilar a oposición social da Costa da Morte, tradicionalmente desmobilizada, fronte a este tipo de instalacións que expolian o noso medio rural para levar os beneficios para outros lugares, mentras aqui só nos deixan o seu impacto ambiental e social. Alegacións e mobilizacións, piares fundamentais para parar a pandemia eólica Nese sentido vimos de presentar as alegacións elaboradas por varios colectivos contra os proxectos eólicos de San Brandán , San

ADECOM e AYUCO únense para combater a ludopatía e a usura na Costa da Morte

Imaxe
  Os presidentes da Asociación en Defensa da Costa da Morte (ADECOM) e da Asociación de Axuda ao Consumidor (AYUCO) , Mario Maceiras e Santiago Caamaño, ratificaron esta mañá un convenio de colaboración entre as dúas entidades para combater a ludopatía e a usura bancaria na Costa da Morte e tamén ofrecer asistencia xurídica gratuíta ás persoas que na nosa bisbarra foron vítimas dalgún dos fraudes bancarios máis comúns: tarxetas revolving , microcréditos, cláusulas chan hipotecarias, preferentes, etc... As dúas entidades coinciden na súa análise de que a Costa da Morte é unha comarca moi golpeada polo desemprego, a emigración e as sucesivas crises económicas, coma as da “burbulla inmobiliaria” en 2008 e do Covid en 2020, polo que a súa poboación é particularmente sensíbel a poder caer neste tipo de trampas co engado do « diñeiro fácil » , sexa a través da adicción aos xogos de azar e apostas, ou ben á hora de contratar produtos financieiros usureiros e incluso ilegais. Texto do acordo A

O director do Parque de Megalitismo da Costa da Morte mira para outro lado ante a invasión eólica que ameaza o patrimonio

Imaxe
Simulación da panorámica dos Penedos, de prosperar o proxecto eólico (elaboración propia) A Rede Galega Por un Rural Vivo vén de denunciar publicamente que o presidente do Parque de Megalitismo da Costa da Morte e actual alcalde de Laxe, José Luis Pérez Añón (PP), negouse a rexeitar a desfeita ambiental e patrimonial provocada polos eólicos na costa do seu municipio.  O rexedor desestimaba unha moción presentada conxuntamente por BNG e PSOE que solicitaba á corporación o rexeitamento explícito da instalación de parques eólicos na Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, reclamando ademais do consistorio a defensa da integridade paisaxística desta excepcional área costeira e a solicitude aos técnicos municipais da elaboración de informes nesme mesmo senso dentro do trámite de consultas previo ao estudo de impacto ambiental como Administración pública directamente afectada.  A instalación de parques eólicos por parte de EDP Renovables na área suporía un «dano irreparable» nu

Axenda de ADECOM

Imaxe
Para o mellor coñecemento e difusión da nosa actividade propia e das nosas entidades federadas, ADECOM pon en marcha a Axenda ADECOM , un calendario ao que calquera persoa pode entrar e subscribirse para ir recibindo información das actividades que vaiamos xerando. Comezamos forte esta semana, que chega completa desde Camariñas ata Cotobade, parando en Noia. ADECOM representará á Costa da Morte nunha xornada sobre eólicos en Cerdedo A asociación CERCO (Cerdedo - Cotobade) tivo a ben contar con ADECOM para representar a nosa comarca na xornada Poñendo cerco ao espolio eólico na Galiza que organiza este sábado 10 de xullo desde as 10:00 horas no Auditorio do Centro Cultural de Cerdedo . A nosa entidade participará nunha mesa redonda de debate xunto con ADEGA , Salvemos o Támega (Monterrei, Vilar de Barrio e Laza), Comunidade de Montes de Vincios (Gondomar) e Asemblea do Suído (Covelo), xunto coas representacións veciñais que se enfrontan aos proxectos eólicos no Monte da Neve (Celano

Saquemos os nosos dereitos do armario

Imaxe
A Costa da Morte e o resto do País uniuse antonte nunha soa voz para repudiar o asasinato de Samuel Luiz , vítima dun presunto crime homófobico a noite do pasado sábado cando saía de marcha na compañía das súas amizades. A nosa comarca acolliu concentracións en Cee, Camariñas, Ponteceso, Laxe, Carballo, Vimianzo e Malpica, co que seguramente estemos ante unha das maiores mobilizacións comarcais dos últimos tempos. A causa non é para menos: a liberdade de expresión afectiva e sexual segue a estar en cuestión, avanzada a quinta parte do século XXI. A brutal agresión que rematou coa vida de Samuel é a punta do iceberg dunha realidade constatada: as persoas homosexuais seguen a ter problemas para desenvolver a súa vida con normalidade, e na propia semana do Orgullo vimos numerosas mostras de intolerancia en todo o noso País ( 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , 6 ...), onde 1 de cada 4 agresións teñen carácter homófobo . O panorama na Costa da Morte tampouco é diferente: segue a ser difícil saír do armari