Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2020

Nace ADECOM en defensa da Costa da Morte

Imaxe
O 23 de xuño de 2020, véspera do día de San Xoán, botou a andar a Asociación en Defensa da Costa da Morte (ADECOM), un colectivo que aspira a converterse na primeira gran entidade da sociedade civil da nosa comarca. Esta iniciativa nace a proposta dun grupo de entidades e persoas a título individual da bisbarra que participaron este mes nunha mesa de diálogo social , convocada en reacción ao anuncio de que a Xunta talaría o Monte Pindo , un dos espazos naturais referenciais da bisbarra. Nesta mesa de debate, entre outras problemáticas, detectouse a carencia dunha entidade social de nivel comarcal que sirva para coordinar e poñer en valor o traballo e as iniciativas que levan anos realizando moitas entidades e persoas, asi como para poñer o foco sobre os grandes retos e demandas que aínda ten pendentes a Costa da Morte. Os seus obxectivos serán frear o despoboamento e a destrución do seu medio e da súa identidade á que a Costa da Morte parece abocada, e reclamar a débeda histórica que