Debatemos o futuro do eucalipto na Costa da Morte


A Asociación en Defensa da Costa da Morte convídate a participar nunha mesa de debate sobre o presente e futuro forestal da nosa comarca, que contraporá o actual modelo baseado no monocultivo de eucalipto con posibles alternativas que supoñan máis biodiversidade e maior retorno para as comunidades locais. Será o sábado 8 de agosto, ás 20:00 horas, na Finca Cambeiro de Corcubión (a carón da Casa da Cultura). A asistencia ao evento é pública, libre e gratuita, sendo necesario inscribirse en http://foro.adecom.gal. Será obrigatorio o uso de mascarilla.

Por outra parte, para facilitar o seguemento do debate a quen non poida achegarse presencialmente a Corcubión, habilitaremos a conexión a través da plataforma de videoconferencias Jitsi, á que se poderá acceder en meet.jit.si/forocostadamorte.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Nace ADECOM en defensa da Costa da Morte

Coinciden na necesidade urxente de superar o monocultivo do eucalipto na comarca

Eólica, asi non! O 11 de decembro subimos o Monte Pindo contra a invasión eólica