Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2020

Coinciden na necesidade urxente de superar o monocultivo do eucalipto na comarca

Imaxe
Corcubión acolliu o pasado sábado o foro de debate " Eucalipto: presente e futuro? ", que evidenciou a necesidade de superar o monocultivo de eucalipto nos nosos montes, modelo do que só se está a beneficiar unha empresa e que ademais provoca problemas graves medioambientais, de seguridade para as persoas e de perda de calidade de vida no medio rural, co conseguinte abandono do mesmo. A asistencia ao debate, que tamén se retransmitiu por Internet, coincidiu en sinalar as consecuencias catastróficas que o monocultivo masivo de árbores alóctonas (sobre todo de Eucalyptus ) supón para os montes da comarca, mais tamén que existe unha mentalidade moi instaurada na poboación que vai ser difícil de mudar, pois certas empresas -coa connivencia da Xunta- levan moitos anos investindo grandes sumas en promover a falsa idea de que o eucalipto é a "única opción rentable" para o monte. Polo contrario, no debate evidenciouse que ante a procura do beneficio inmediato e curtopracis