Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2020

Dimisión do Director Xeral de Montes e cambio radical cara as políticas de prevención

Imaxe
Numerosas entidades sindicais, agrarias, ecoloxistas e sociais do país (as abaixo asinantes) pedimos a dimisión inmediata do Director Xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto, por non dispoñer as medidas de prevención e vixilancia necesarias para evitar a catástrofe incendiaria que está a vivir a provincia de Ourense, en particular, as áreas afectadas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés e do Macizo Central. En tan só tres días o lume leva asolado en Ourense 9000 hectáreas de superficie, segundo datos da Xunta (máis de 10.000 Ha, segundo fontes non oficiais), das que 3000 Ha pertencen ao Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, e ao Parque transfronteirizo Xurés-Geres, onde gran parte da reserva integral do parque xa quedou totalmente arrasada polo lume. Actualmente, aínda persisten 9 grandes focos de lume activos en cuxa extinción se están a poñer en risco centos de vidas.  En declaracións á CRTVG , o responsable de montes da Xunta manifestou que desde a administración auto