Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2021

ADECOM constituirase en Federación comarcal o sábado 19 de xuño en Corcubión

Imaxe
Logo de case un ano de reflexión colectiva iniciada a noite de San Xoán do ano pasado , finalmente as persoas e entidades que neste tempo formamos parte da Comisión de Coordinación, recollendo un amplo sentir da sociedade da Costa da Morte, concluímos a necesidade de constituír legalmente unha Federación de ámbito comarcal con vocación de crear unha comunidade ecosocial, natural e cultural que atinxa e defenda os intereses da nosa bisbarra, acuciada máis que nunca por distintas ameazas que requiren dunha resposta social inmediata, e que non pode ser atomizada senón global, coordinada e enfocada a destinar o máximo esforzo a protexer os nosos recursos e intereses da depredación total por empresas sen escrúpulos que operan co parabén do goberno da Xunta. Parte da coordinadora de ADECOM, reunida o pasado domingo 18 de abril no Pindo (Carnota) Deste xeito, a sociedade da Costa da Morte e as súas entidades están chamadas a participar na Asemblea Constituínte de ADECOM , que terá lugar (se