ADECOM constituirase en Federación comarcal o sábado 19 de xuño en Corcubión
![]() | |
Parte da coordinadora de ADECOM, reunida o pasado domingo 18 de abril no Pindo (Carnota) |
A este evento están convidadas (previa confirmación de asistencia en asemblea.adecom.gal) as entidades sociais da Costa da Morte que desexen federarse. Ademais, aquelas persoas que queiran poderán afiliarse individualmente; porque cando o que máis queremos está en perigo, é máis urxente que nunca sumar.
Os grandes retos que a Costa da Morte ten por diante
ADECOM elixiu Corcubión para a súa posta en marcha precisamente por ser un dos dous concellos da bisbarra (xunto a Carnota) que, asumindo a presión social, aprobou declararse libre de eucaliptos, tratándose a oposición ao monocultivo masivo de eucalipto, con todos os problemas que implica, dunha das grandes batallas que o noso colectivo asumirá desde o seu nacemento.
![]() |
Reunión de parte da coordinadora de ADECOM o 4 de abril no Monte da Ruña (Mazaricos) |
Asi mesmo, ADECOM oporase ao turismo estival masificado coma única alternativa económica, modelo que nos condea ao atraso e á dependencia, combaterá a perda de patrimonio e biodiversidade, loitará contra a contaminación a todos os niveis, e tentará mediante a conciencia social e a divulgación propiciar un novo modelo económico limpo e sostible, que permita fixar poboación na zona e mellorar a calidade de vida da veciñanza da Costa da Morte, partindo desde o respecto ao medio natural, o patrimonio cultural e o resto de expresións da nosa identidade coma pobo.
* Para participar no evento será obrigatorio seguir todas as instrucións e medidas fixadas por autoridades locais e organización para previr o contaxio de Covid-19.
Comentarios
Publicar un comentario