Éxito da xornada contra os macroproxectos eólicos, que xa xera interese internacional

Máis de medio cento de persoas acudiron a pesar do mal tempo ás Xornadas Informativas que tiveron lugar o pasado sábado en Carballo, convocatoria lanzada pola Coordinadora Bergantiñá pola Defensa da Terra e apoiada por ADECOM e outras entidades da bisbarra, para coñecer e denunciar os macroproxectos eólicos cos que varias multinacionais pretenden -coa complicidade da Xunta- asulagar a nosa bisbarra. O evento converteuse nun auténtico acto de repulsa ao que estas corporacións tentan facer, que é enganar á veciñanza para que se resignen e acepten sen máis uns proxectos que só as benefician a elas, mais que destruirán para sempre a nosa paisaxe convertindo as nosas aldeas nuns lugares menos desexábeis para vivir, cun retorno ínfimo para as comunidades locais. Cartel e folleto de ADECOM No micrófono sucedéronse as distintas voces críticas representando a cada colectivo, cada unha achegando a súa visión do mesmo problema, cunha idea en común: non se está en contra da enerxía eólica c