ADECOM lanza o seu Boletín, unha fiestra aberta á sociedade

Para fomentar a transparencia coa sociedade ADECOM puxo hoxe en marcha o seu Boletín (boletin.adecom.gal), unha fiestra aberta pola cal a sociedade da Costa da Morte poderá achegarse a ollar toda a súa actividade orgánica e interna, pública e mesmo financieira, teñan ou non relación coa nosa entidade. Cúmprese asi co aprobado no Regulamento de Réxime Interno ratificado na pasada Asemblea Xeral.

Agardamos que este innovador instrumento de transparencia na vida organizativa sexa imitado por outros colectivos e entidades, pois cremos que é unha boa idea que pode contribuír a que máis xente confíe e aposte no seu tecido social.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Non ao proxecto eólico de Sembra!

Temos que rematar coa achega de plásticos a natureza e océanos

O clamor que nin a borraxeira pode agochar