Xeal reduce o caudal ecolóxico do río Xallas con permiso da Xunta
Con esta controvertida decisión a empresa e a Xunta poderían estar a incumprir o mandato xudicial que dera a razón á entidade AEMS Ríos con Vida na súa denuncia presentada en 2010 polas continuas secas que viña provocando a eléctrica no río Xallas, e que entre outros prexuízos poñía en grave risco a supervivencia da biodiversidade nos 1,4 km do treito final do río, que contén especies protexidas e mesmo algunha en perigo de extinción, coma o Isoetes fluitans.
Esa instrución xudicial obrigaba á empresa a liberar un caudal mínimo (ecolóxico) de 3,434 m³ de auga por segundo, o que se viña respectando desde 2010 ata agora, o que permitiu a recuperación e consolidación da vida natural do río e tamén que a fervenza se volva converter no inmenso atractivo que é hoxe, e xa non por ser a única fervenza "con horario de apertura".
Mais ao parecer este paso atrás obedece a un cambio de criterio de Augas de Galicia (entidade hidrográfica da Xunta), que en lugar de garantir a legalidade e a conservación do medio natural, esixindo a liberación do caudal ecolóxico estabelecido, unha década despois decide permitir á empresa liberar un volume de auga proporcional ao da entrada de auga no encoro, podendo varialo cada mes.
ADECOM sospeita que detrás deste cambio de criterio tan arbitrario hai unha nova concesión do goberno galego ao sector eléctrico privado, que ao parecer agora conta con carta branca da Administración para impoñer os seus intereses empresariais aos da veciñanza e á conservación do medio natural en todo o País.
Рабз одии на на на на на на на на на на на на
ResponderEliminarРабз titanium welding одии titanium color на на на на на на на на titanium 3d printer на на на на на microtouch solo titanium Тодля с довые titanium quartz meaning
w476c2ssjky005 dildos,Male Masturbators,vibrators,wholesale sex doll,realistic sex dolls,adult sex toys,sex chair,dildos,g-spot dildos k056p0ajbjr427
ResponderEliminar