Clamor na Coruña para expulsar os macroeólicos nas nosas aldeas

 
A cidade da Coruña acolliu onte unha multitudinaria mobilización secundada por ducias de colectivos sociais e veciñais afectados pola vaga de novos proxectos eólicos plantexados no medio rural. Máis de dúas centas persoas encheron ás 12 horas a praza de Ourense, ante a Delegación do Goberno, para esixirlle ao executivo que remate coa senrazón destes proxectos que por ducias e centos pretenden asulagar o rural galego.

ADECOM sumouse á iniciativa e tamén colocou unha pancarta esixindo unha moratoria eólica na entrada da Coruña, e está a perfilar a oposición social da Costa da Morte, tradicionalmente desmobilizada, fronte a este tipo de instalacións que expolian o noso medio rural para levar os beneficios para outros lugares, mentras aqui só nos deixan o seu impacto ambiental e social.

Alegacións e mobilizacións, piares fundamentais para parar a pandemia eólica

Nese sentido vimos de presentar as alegacións elaboradas por varios colectivos contra os proxectos eólicos de San Brandán, San Cibrao, Alto dos Borrallos, A Rula, Busmayor, Caaveiro, Barxas, Tesouro, Patiñeiro, Cima de Vila, Monte da Tella e Pena do Corvo. Ademais ADECOM está a manter conversas con outras persoas e entidades de cara a poder convocar unha mobilización na Costa da Morte contra o expolio eólico, da que iremos informando en vindeiras datas segundo se vaian concretando datos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Nace ADECOM en defensa da Costa da Morte

Coinciden na necesidade urxente de superar o monocultivo do eucalipto na comarca

Eólica, asi non! O 11 de decembro subimos o Monte Pindo contra a invasión eólica