Temos que rematar coa achega de plásticos a natureza e océanos

Con motivo do Día Internacional libre de bolsas de plástico, ADECOM lanza un dobre chamamento a sociedade e administracións para rematar coa achega de plásticos ao noso medio natural en xeral, e a océanos e ríos en particular.

O cambio de mentalidade da sociedade, piar fundamental para a eliminación do plástico

A sociedade debe tomar consciencia de que un só plástico vertido ao medio natural, incluso de moi baixa calidade, pode tardar 150 anos en descomporse; un plástico de alta calidade (por exemplo unha botella PET) pode tardar mil anos ou máis. 

Por iso son tan necesarias medidas coma a eliminación das bolsas de plástico ou á prohibición europea da venda de cubertos e pallas de plástico lexislada hoxe mesmo, ás que debemos sumarnos todos e todas nós con xestos diarios tan sinxelos coma mercar a granel produtos non envasados, substituír as bolsas plásticas por bolsas de tela, deixar de usar botellas dun só uso por outras reutilizábeis... Mais sobre todo, é necesario o comportamento cívico de reducir ao mínimo a xeración de todo tipo de residuos, e depositar ese mínimo sempre nos sitios apropiados e nunca no medio natural nin na rúa, e moito menos cando se trate de plásticos, latas ou cabichas que tardarán ducias ou centos de anos en desaparecer en caso de chegar ao medio, durante os que poden afectar a centos de especies naturais.

Administracións, última barreira de contención entre o incivismo e o mar

Cando todo o anterior falla, aí deben estar as administracións públicas; ADECOM considera que deben ser a última barreira de contención que evite que o plástico chegue ao medio natural, e sobre todo a ríos e océanos, onde será moito máis difícil ou mesmo imposíbel xestionalo. Para iso, ADECOM propón ao conxunto das Administracións Públicas unha serie de medidas moi baratas e efectivas para evitar a chegada de plásticos ao medio e evitar que se transforme en microplásticos:

  • Instalación de reixas de malla nos sumidoiros de augas pluviais para que plásticos e cabichas queden depositados nelas, e limpeza periódica das mesmas.
  • Recollida previa de lixo e plásticos nas cunetas e taludes antes das rozas mecánicas, que poden converterse nun foco de xeración de microplásticos.
  • Instalación, mantemento e recollida de papeleiras e lixeiras nos espazos de uso e lecer, e nas inmediacións dos espazos naturais.
  • Especial vixilancia en eventos de gran afluencia e particularmente nos mercados municipais, grandes focos de xeración de residuos plásticos.
  • Reforzo das bahías de contedores de reciclaxe, pois non sempre son suficientes nin se baleiran coa debida frecuencia.

Máis puntos limpos, tamén nos portos e no agro

ADECOM propón que se dote de puntos limpos aos municipios da nosa bisbarra onde aínda non os haxa e que se mancomunen naqueles máis próximos, asi coma que se dote de puntos limpos específicos e especializados ás súas principais áreas de actividade económica:
  • Nos portos, para aparellos (nasas, tramallos...) e residuos contaminantes coma aceites de motor.
  • No interior da comarca, para os plásticos de silo e demais residuos agrogandeiros.

ADECOM salienta o papel das accións civís de limpeza manual da nosa costa

Protexer o medio dos residuos que non ten capacidade de absorber e asimilar é cousa de todos e todas. Mentras tanto, teremos que ocuparnos dos erros do pasado apoiando as accións colectivas de limpeza manual das nosas praias que felizmente se están poñendo tan de moda na Costa da Morte. Neste sentido, ADECOM prevé crear un grupo de traballo que se ocupe de coordinar accións de limpeza naqueles espazos da nosa Costa máis desatendidos polas administracións por non ser tan «turísticos», nomeadamente cantís e boleiras.

Imaxe dunha limpeza desenvolta por voluntariado nas Illas Lobeiras en 2019 (Fonte)

Comentarios

  1. How do I make money from my bankroll? - Work Tomake Money
    I am a regular moneymaker. 바카라 But 메리트 카지노 주소 in order to make money from my bankroll, I need to put in a few hours หาเงินออนไลน์ of work, the money that I earn for my bankroll.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Nace ADECOM en defensa da Costa da Morte

Coinciden na necesidade urxente de superar o monocultivo do eucalipto na comarca

Eólica, asi non! O 11 de decembro subimos o Monte Pindo contra a invasión eólica