Non ao proxecto eólico de Sembra!

 

Esta imaxe cos nosos montes no seu estado natural podería ser historia en poucos meses

Unha nova ameaza pende sobre a Fin da Terra, xa que a administración recibiu a solicitude para a construción dun novo parque eólico chamado "Sembra", sito nos Concellos de Cee e Fisterra, practicamente a última zona deste entorno libre de macroinstalacións deste tipo.

O proxecto, promovido pola empresa Volantis Renovables, unha sociedade limitada unipersoal constituída este mesmo ano por Juan Jesús Berzosa Aránguez (dono de outra multitude de empresas eólicas), prevé a creación nos montes de Cee e Fisterra dun número de 12 aeroxeradores e as súas correspondentes infraestruturas industriais, viarias e de evacuación da enerxía ata o Parque Eólico das Paxareiras, que suporán un tremendo impacto ecolóxico, na habitabilidade e na paisaxe desta zona da Costa da Morte que a fai coñecida internacionalmente, e que non se librará, de prosperar este proxecto, de que os aeroxeradores formen parte das súas fotografías para sempre.

Recollida de alegacións este domingo no Mercado de Cee

ADECOM presentou xa alegacións e montará un posto informativo este domingo 8 de agosto desde as 11 horas no Mercado de Cee coa intención de informar á veciñanza da Costa da Morte da grave afectación que supón este proxecto e recoller alegacións ao proxecto de parque eólico Sembra, tendo en conta que o prazo de alegacións remata este mesmo mes. 

Quen desexe presentar alegacións e non poida achegarse a Cee, pode facelo asinando dixitalmente o seguinte borrador de alegacións:

Alegacións Parque Eólico Sembra

Descarga as alegacións en formato: PDF | Word | OpenOffice

Podes presentalas na sede física ou electrónica da Xunta ou do Goberno central, ou ben asinalas e mandárnolas a adecom.gal@gmail.com; nós farémolo por ti (información sobre protección de datos: datos.adecom.gal). 
 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Nace ADECOM en defensa da Costa da Morte

Coinciden na necesidade urxente de superar o monocultivo do eucalipto na comarca

Eólica, asi non! O 11 de decembro subimos o Monte Pindo contra a invasión eólica