Segue o desmantelamento da rede de oficinas de ABANCA na Costa da Morte

Por se a Costa da Morte atravesara xa poucas calamidades, segue outra sangría lenta pero imparable: o desmantelamento da rede de oficinas da que foi a principal caixa de aforros pública do noso entorno, que en cousa de dez anos foi fusionada con Caixanova, convertida en banca privada, e finalmente malvendida a uns especuladores que agora fan caixa a conta dos nosos aforros, e que para colmo veñen de recibir unha xugosa subvención de 2,8 millóns de euros públicos da Xunta para que pechen as oficinas dos nosos Concellos rurais e substitúan e os seus empregados e empregadas por un caixeiro automático.

Zas e Baíñas reciben a última estocada a este servizo tan necesario no medio rural polo avellentamento da poboación, pero non hai moito tempo foron Dumbría, Lira, O Pindo... e mañá pode ser o teu concello. 

Desde ADECOM expresamos a nosa solidariedade coa veciñanza afectada e tamén nosa indignación por esta nova aldraxe ao noso rural e á Costa da Morte. Estaremos alí onde se requira do noso apoio.  

Parémolos!

Comentarios

  1. A banca sempre tuvo o obxectivo de enriquecerse, mais houbo momentos nos que mantiña coa clientela unha certa honestidade, prestándolle a cambio un servizo. Actualmente, non pensa noutra cousa que na avaricia.
    Banca pública, xa!!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Nace ADECOM en defensa da Costa da Morte

Coinciden na necesidade urxente de superar o monocultivo do eucalipto na comarca

Eólica, asi non! O 11 de decembro subimos o Monte Pindo contra a invasión eólica