Tras o éxito da recollida de alegacións en Cee, estaremos en Fisterra e Dumbría

A veciñanza da Costa da Morte asinou xa unhas 300 alegacións contra o Parque Eólico de Sembra este domingo no posto informativo instalado no Mercado Municipal de Cee ao que se achegaron varios centos de persoas para informarse do verdadeiro alcance e prexuízos do proxecto e tamén subscribir o escrito de alegacións.

A inmensa maioría de persoas que visitaron o posto de ADECOM fixérono cunha clara preocupación polo devir da que segue a ser practicamente a única zona da nosa bisbarra libre deste tipo de instalacións, a súa proximidade ás casas (uns 500 metros nalgún punto) e o beneficio practicamente nulo sobre as oportunidades de vida no entorno, xa que esa enerxía prodúcese para exportar e vender fóra, co cal só suporá beneficios á empresa promotora do proxecto (Volantis Renovables) mentras que a veciñanza seguirá a pagar unha das facturas da luz máis caras do estado e verá como perde a soberanía sobre as súas propiedades asi coma que o seu prezo de mercado se reducirá de media un 30%.

Podedes ver o álbum de fotos da xornada na nosa páxina de Facebook.

Esta semana o posto de ADECOM estará en Fisterra e Dumbría, tamén afectados pola megainfraestrutura do P. E. Sembra

Ante o éxito da iniciativa en Cee, esta semana ADECOM desprazará o seu posto informativo a Fisterra e Dumbría, municipios tamén afectados polas infraestruturas do Parque Eólico Sembra; as citas serán en Fisterra este venres 13 a partir das 11 horas no Mercado Municipal, e o sábado 14 en Dumbría desde as 18:30 horas no Paseo Marítimo do Ézaro.

Comentarios

  1. Temos Outros médios de asinar?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Podes descargar as alegacións na nova anterior e enviarnolas por correo.
      Graciñas!

      Eliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Nace ADECOM en defensa da Costa da Morte

Coinciden na necesidade urxente de superar o monocultivo do eucalipto na comarca

Eólica, asi non! O 11 de decembro subimos o Monte Pindo contra a invasión eólica