Papaventos contra viraventos, este sábado ás 16h en Candelago (Corme)

A Plataforma pola Defensa do Monte As Salgueiras e ADECOM convocamos á sociedade este sábado 30 de outubro ás 16.00h en Candelago (Corme, Ponteceso) a unha concentración contra a invasión eólica do noso País e para esixir ás administracións unha moratoria eólica inmediata e definitiva.

O punto de encontro será no campo de fútbol municipal do Cairo. A mobilización ten a peculiaridade de que ao remate da lectura do Manifesto voaremos papaventos para plantar cara aos viraventos, polo que animamos a cada persoa a traer o seu. Se non tedes un, o compañeiro Sergio Tarrela da Asociación Comarea de Muxía amósanos como facer un con materiais caseiros reciclados.


 


Comentarios

  1. Boa iniciativa, mágoa que as xentes de corme non nos enteraramos... Ningún cartaz ou convocatoria vimos polo povo... Moitas soupemos desta convocatoria o domingo...

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Nace ADECOM en defensa da Costa da Morte

Coinciden na necesidade urxente de superar o monocultivo do eucalipto na comarca

Eólica, asi non! O 11 de decembro subimos o Monte Pindo contra a invasión eólica