Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2022

O Festival Atlántica de narración oral chega por primeira vez á Costa da Morte

Imaxe
O Festival Internacional de Narración Oral Atlántica está de 10º aniversario, e celébrao espallando a súa influencia por todo o País, tamén (e por primeira vez) á Costa da Morte. E farao por partida dobre:o vindeiro sábado 2 de xullo no Hórreo de Carnota, da man de ADECOM, e o seguinte sábado, 9 de xullo, no Monte Pindo, de man dunha das nosas entidades fundadoras. Sábado 2 de xullo, o hórreo de Carnota acolle o Atlántica Miúdo O público infantil (+ 3 anos) e xuvenil está de noraboa, xa que este sábado 2 de xullo poderá asistir ao Atlántica míudo , con Paula Carballeira e o seu " Camiños de mar, terra e vento ".  Será a partir das 20:30 horas no conxunto privilexiado que conforman o Hórreo , o Pombal e a Casa Reitoral de Carnota, a carón da Igrexa de Santa Comba de Carnota. A asistencia é libre e gratuíta.  Agradecemos ao arcebispado de Compostela a cesión do espazo. Polos camiños da terra van quen queren chegar lonxe, de vagar, atopando atrancos, e persoas descoñecidas, e