Esta imaxe cos nosos montes no seu estado natural podería ser historia en poucos meses Unha nova ameaza pende sobre a Fin da Terra, xa que a administración recibiu a solicitude para a construción dun novo parque eólico chamado "Sembra", sito nos Concellos de Cee e Fisterra, practicamente a última zona deste entorno libre de macroinstalacións deste tipo. O proxecto, promovido pola empresa Volantis Renovables, unha sociedade limitada unipersoal constituída este mesmo ano por Juan Jesús Berzosa Aránguez (dono de outra multitude de empresas eólicas), prevé a creación nos montes de Cee e Fisterra dun número de 12 aeroxeradores e as súas correspondentes infraestruturas industriais, viarias e de evacuación da enerxía ata o Parque Eólico das Paxareiras, que suporán un tremendo impacto ecolóxico, na habitabilidade e na paisaxe desta zona da Costa da Morte que a fai coñecida internacionalmente, e que non se librará, de prosperar este proxecto, de que os aeroxeradores formen parte das
Con motivo do Día Internacional libre de bolsas de plástico , ADECOM lanza un dobre chamamento a sociedade e administracións para rematar coa achega de plásticos ao noso medio natural en xeral, e a océanos e ríos en particular. O cambio de mentalidade da sociedade, piar fundamental para a eliminación do plástico A sociedade debe tomar consciencia de que un só plástico vertido ao medio natural, incluso de moi baixa calidade, pode tardar 150 anos en descomporse; un plástico de alta calidade (por exemplo unha botella PET) pode tardar mil anos ou máis. Por iso son tan necesarias medidas coma a eliminación das bolsas de plástico ou á prohibición europea da venda de cubertos e pallas de plástico lexislada hoxe mesmo , ás que debemos sumarnos todos e todas nós con xestos diarios tan sinxelos coma mercar a granel produtos non envasados, substituír as bolsas plásticas por bolsas de tela, deixar de usar botellas dun só uso por outras reutilizábeis... Mais sobre todo, é necesario o comportamento
O atropelo eólico na Costa da Morte e no sur da provincia da Coruña foi obxecto este sábado dunha mobilización veciñal convocada por varias asociacións do entorno, e secundada como non podía ser doutro xeito por ADECOM. As Paxareiras foi o lugar elixido para realizar unha marcha que pretendía percorrer desde as 4 da tarde un dos parques eólicos máis grandes e antigos do País. Por desgraza, un tempo intempestivo impediu cumprir o plan, afectou indudabelmente á afluencia e desluciu o acto, obrigando a transformalo nunha caravana de vehículos ata o Mirador das Paxareiras, onde se deron cita preto de 200 persoas chegadas de todos os puntos da provincia. A pesar do mal tempo e da borraxeira que impedía ata ver os muíños que a pesar do seu minúsculo tamaño en comparación cos dos novos proxectos fungaban atroadoramente a escasos metros, o acto demostrou que a oposición veciñal aos novos proxectos eólicos vai aumentando, organizándose... e perdendo o medo. Este mesmo mes terá lugar unha nov
Comentarios
Publicar un comentario