Datos

Sumario

1. Regulamento de Protección de datos 
2. Responsable do tratamento dos teus datos persoais
3. Persoas encargadas do tratamento dos teus datos persoais
4. O/A delegado/a de protección de datos (DPD)
5. As bases legais para a recollida e tratamento dos teus datos de carácter persoal
6. Cales son os teus dereitos ao subministrarlle datos persoais a ADECOM?
7. Cales son as túas obrigas ao subministrarlle datos persoais a ADECOM?
8. O procedemento para o exercicio dos teus dereitos
9. O rexistro de actividades de tratamento. Os ficheiros de ADECOM.
10. As finalidades dos datos de carácter persoal recollidos
11. A cesión de datos de carácter persoal
12. A conservación e a supresión dos datos de carácter persoal e a destrución de documentos
13. As medidas de seguridade
14. As condicións xerais de uso, a propiedade intelectual e industrial e a información sobre cookies das nosas webs e redes sociais
15. Exercicio dos teus dereitos

1. Regulamento de Protección de datos

O Regulamento Xeral de Protección de Datos (en diante, RGPD), publicado en maio de 2016, substituiu a normativa ata entón vixente e comezou a aplicarse o 25 de maio de 2018. Trátase dunha norma de aplicación directa en toda a Unión Europea, relativa á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.
Máis información en: https://www.aepd.es.

2. Responsable do tratamento dos teus datos persoais

A Asociación en Defensa da Costa da Morte (ADECOM), con CIF G67797845, é a entidade responsable da xestión e o tratamento dos teus datos persoais.

3. Persoas encargadas do tratamento dos teus datos persoais

As persoas encargadas do tratamento son as persoas físicas que realizan o tratamento dos datos persoais por conta de ADECOM.
As persoas encargadas realizan todos os tratamentos, automatizados ou non, que ADECOM lles encomenda en relación cos ficheiros especificados no apartado 9 deste documento.
Fundamentalmente realizan as seguintes operacións: recollida, rexistro, organización, estruturación, conservación, adaptación ou modificación, extracción, consulta, utilización, comunicación por transmisión, difusión ou calquera outra forma de habilitación de acceso, cotexo ou interconexión, limitación, supresión ou destrución.
A relación das persoas encargadas do tratamento coa responsable é asociativa, entre cargo e asociación, que pactan e se atribúen os niveis de decisión e roles das persoas encargadas do tratamento que operan sobre os ficheiros definidos no apartado 9 deste documento.

4. O/A delegado/a de protección de datos (DPD)

Pode contactar co/a noso/a delegado/a de protección de datos dirixindo un escrito ao correo electrónico adecom.gal@gmail.com, iniciando o asunto coas siglas "DPD", que conteña -como mínimo- a seguinte información:

  1. Nome completo da persoa física ou xurídica interesada.
  2. Fotocopia do Documento de identidade (ou equivalente que acredite a identidade considerado válido en dereito). No caso de que se actúe a través de representación legal deberá achegarse, ademais, o DI da persoa representante e documento acreditativo da representación que se obstenta.
  3. Enderezo do medio de notificación da súa elección (electrónico ou postal).
  4. Exposición de motivos do escrito.
  5. Solicitude.
  6. Data, lugar e sinatura.

A Axencia Española de Protección de Datos non dispón dos datos persoais e só pode facilitar os datos de contacto dos Delegados/as de Protección de Datos das entidades obrigadas a designalos/as. Tamén pode facilitar estes datos de contacto respecto daquelas entidades que designen un Delegado/as de forma voluntaria.
A persoa titular dos datos persoais obxecto de tratamento debe dirixirse directamente ante o organismo público ou privado, empresa ou profesional do que presume ou ten a certeza de que posúe os seus datos.

5. As bases legais para a recollida e tratamento dos teus datos de carácter persoal

As bases legais nas que se basea ADECOM para a recolla e tratamento de datos de carácter persoal son os consentimentos outorgados polos/as usuarios/as dos servizos de correspondencia electrónica, servizos de contacto por medio de páxinas web, redes sociais e mensaxarías instantáneas corporativas de ADECOM, os acordos pactados coas persoas con relación asociativa ou de cargo con ADECOM, as cláusulas informativas en correos-e, páxinas web, redes sociais, mensaxarías instantáneas..., contratos e convenios asinados con distintas entidades para a prestación de servizos nas súas condicións ben de responsables do tratamento, ben de encargadas do tratamento.

6. Cales son os teus dereitos ao subministrarlle datos persoais a ADECOM?

O novo Regulamento Xeral de Protección de Datos engade novos dereitos aos xa existentes para mellorar a capacidade de decisión e control da sociedade sobre os seus propios datos persoais.
Exercer estes dereitos é de balde para as persoas, agás cando se formulen solicitudes manifestamente infundadas ou excesivas e, en calquera caso, se implicasen un custo, este non poderá implicar un ingreso adicional para quen trata os datos e debe limitarse ao verdadeiro custo de tramitar a solicitude.
As túas solicitudes deben responderse no prazo dun mes, aínda que, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes, pódese prorrogar o prazo outros dous meses máis.
Se o responsable non dá curso á solicitude, hate informar, no prazo dun mes, das razóns da súa non actuación e da posibilidade de reclamar ante unha Autoridade de control.
Podes exercer os dereitos directamente ou por medio do teu/túa representante legal ou voluntario.
Cabe a posibilidade de que a persoa encargada sexa quen atenda a túa solicitude por conta da persoa responsable se ambas o estableceron no contrato ou acto xurídico que as vincule.
A seguir, recollemos de xeito resumido os dereitos que inclúe o RGPD para o cidadán/á e as súas principais características:

DEREITO DE INFORMACIÓN:

Cando nos solicites os teus datos de carácter persoal, facilitarémoschos en dúas categorías, consonte o que ti mesmo/a nos requiras:

a) Información básica (resumida)

  • Identidade do/a responsable do tratamento.
  • Unha descrición sinxela dos fins do tratamento, incluíndo a elaboración de perfís, de existiren.
  • Base xurídica do tratamento.
  • Previsión ou non de cesións.
  • Previsión ou non de transferencias a terceiros países.
  • Referencia ao exercicio de dereitos.
  • Fonte (procedencia) dos datos (no suposto en que os teus datos persoais non sexan achegados directamente por ti).

b) Información adicional (polo miúdo)

  • Datos de contacto do/a responsable.
  • Identidade e datos do/a representante (de existir).
  • Datos de contacto do/a delegado/a de protección de datos.
  • Descrición ampliada dos fins do tratamento.
  • Prazos ou criterios de conservación dos datos.
  • Decisións automatizadas, perfís e lóxica aplicada.
  • Detalle da base xurídica do tratamento, nos casos de obriga legal, interese público ou interese lexítimo.
  • Obriga ou non de facilitar datos e consecuencias de non o facer.
  • Destinatarios/as ou categorías de destinatarios/as.
  • Decisións de adecuación, garantías, normas corporativas vinculantes ou situacións específicas aplicables.
  • Como exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade dos datos, e a limitación ou oposición ao seu tratamento.
  • Dereito a retirar o consentimento prestado.
  • Dereito a reclamar ante a Autoridade de Control.
  • Datos non obtidos directamente de ti.
  • Información detallada da orixe dos datos, mesmo se proceden de fontes de acceso público.
  • Categoría de datos que se traten.
A anterior información facilitaráseche dentro dun prazo razoable, a máis tardar nun mes, agás que:
  • Os datos persoais teñan que se utilizar para unha comunicación contigo; como moi tarde facilitaránseche no momento da primeira comunicación.
  • Se estiver previsto comunicalos a outro/a interesado/a, como moi tarde facilitaránseche no momento en que os datos persoais sexan comunicados por primeira vez.

DEREITO DE ACCESO:

O dereito de acceso é o teu dereito a dirixirte á persoa responsable do tratamento para coñecer se está tratando ou non os teus datos de carácter persoal e, no caso de que se estea realizando o devandito tratamento, a obter a seguinte información:

  • Unha copia dos teus datos persoais que son obxecto do tratamento.
  • Os fins do tratamento.
  • As categorías de datos persoais que se traten.
  • Os destinatarios/as ou as categorías de destinatarios/as aos que se comunicaron ou serán comunicados os datos persoais, en particular, os destinatarios/as en países terceiros ou organizacións internacionais.
  • O prazo previsto de conservación dos datos persoais, ou se non é posible, os criterios utilizados para determinar ese prazo.
  • A existencia do dereito do interesado/a a solicitar á persoa responsable: a rectificación ou supresión dos seus datos persoais, a limitación do tratamento dos seus datos persoais ou oporse a ese tratamento.
  • O dereito a presentar unha reclamación ante unha Autoridade de Control.
  • Cando os datos persoais non se obtiveron directamente de ti, calquera información dispoñible sobre a súa orixe.

DEREITO DE RECTIFICACIÓN

Tes dereito, ademais de a rectificar os datos inexactos, a que se completen os datos persoais incompletos.

DEREITO DE SUPRESIÓN (O “DEREITO AO ESQUECEMENTO”)

Con este dereito poderás solicitar:

  • A supresión dos datos persoais, sen dilacións indebidas, cando concorra algún dos supostos contemplados. Por exemplo, tratamento ilícito de datos, ou cando desapareza a finalidade que motivou o tratamento ou recolla.

Porén, regúlanse unha serie de excepcións nas que non procederá este dereito. Por exemplo, se a supresión non fose posible por motivos legais (conservación durante prazos legais).

DEREITO Á LIMITACIÓN DO TRATAMENTO

Podes solicitar á persoa responsable que suspenda o tratamento de datos cando:

  • Se impugne a exactitude dos datos, mentres se verifica a devandita exactitude pola persoa responsable.
  • O/a interesado/a exerza o seu dereito de oposición ao tratamento de datos; mentres se verifica se os motivos lexítimos da persoal responsable prevalecen fronte á petición do interesado/a.

Ademais, podes solicitar á persoa responsable do tratamento que conserve os teus datos persoais cando:

  • O tratamento de datos sexa ilícito e o/a interesado/a se opoña á supresión dos seus datos e solicite no seu lugar a limitación do seu uso.
  • A persoa responsable do tratamento xa non necesite os datos para os fins do tratamento, mais o interesado/a si os precise para a formulación, exercicio ou defensa de reclamacións.

DEREITO Á PORTABILIDADE DOS DATOS

Poderás recibir os teus datos persoais facilitados nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, a fin de poder transmitirllos a outra persoa responsable, sempre que sexa tecnicamente porible.

DEREITO DE OPOSICIÓN

A través do dereito de oposición podes oporte ao tratamento dos teus datos persoais:

  • Cando por motivos relacionados coa túa situación persoal, deba cesar o tratamento dos teus datos, agás que se acredite un interese lexítimo ou sexa necesario para o exercicio ou defensa de reclamacións.
  • Cando o tratamento teña por obxecto a mercadotecnia directa. (exemplo: cancelar envío de correos-e informativos).

DEREITO A NON SER OBXECTO DE DECISIÓNS INDIVIDUALIZADAS

Tes dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís, que produza efectos xurídicos ou che afecte.

Exceptúase o anterior cando:

  • Sexa necesario para a celebración ou execución dun contrato.
  • Estea permitido polo Dereito da UE ou dos Estados membros, con medidas acaídas para salvagardar os dereitos e liberdades da persoa titular dos datos.
  • Exista consentimento explícito da persoa titular dos datos.

DEREITO A RECLAMAR PERANTE A AUTORIDADE DE CONTROL

Tes dereito, no caso de que non satisfagamos os teus dereitos anteriores, a formular reclamación perante a Autoridade de Control.

Máis información: https://www.aepd.es/reglamento/derechos/index.html

7. Cales son as túas obrigas ao subministrarlle datos persoais a ADECOM?

As persoas, físicas ou xurídicas, que subministren datos persoais a ADECOM, tras a publicación do RGPD, contraen as seguintes obrigas:

a) As establecidas nos acordos de afiliación subscritos por ambas as partes.
b) As establecidas nos consentimentos outorgados para a navegación nas páxinas web e redes sociais corporativas de ADECOM.
c) As establecidas nos consentimentos outorgados para contactar por medio das nosas páxinas e servizos web, mensaxarías instantáneas e redes sociais.
d) As establecidas nos consentimentos outorgados para a transmisión e recepción de correos electrónicos.

8. O procedemento para o exercicio dos teus dereitos

Co obxectivo de asegurar a privacidade e protección dos datos persoais das nosas persoas afiliadas, entidades federadas e persoas usuarias da nosa páxina web, ADECOM comprométese a facilitar a debida atención e contestación no prazo legal, cando se exerza algún ou varios dos dereitos anteriormente sinalados.

Para o exercicio de tales dereitos os persoas afiliadas, entidades federadas e persoas usuarias dos servizos que presta ADECOM poden enviar instancia por correo electrónico á conta: adecom.gal@gmail.com, identificándose tal e como prevé o Regulamento de protección de datos.

As reclamacións que desexes formular perante a Autoridade de Control deben dirixirse a:

Agencia Española de Protección de Datos. Rúa Jorge Juan. nº 6. 28001 Madrid (España)
https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/

9. O rexistro de actividades de tratamento. Os ficheiros de ADECOM. 

Os datos de carácter persoal recollidos por ADECOM deposítanse e custódianse nos seguintes ficheiros:

I. FICHEIRO ELECTRÓNICO DE AFILIACIÓN:

Finalidade do tratamento:
  • Xestión das relacións entre a asociación e as persoas e entidades que se adhiren a esta.
Descrición das categorías de datos persoais que se recollen:
  • En xeral: as necesarias para xestionar as relacións persoas e entidades adheridas.
  • Datos identificativos: nome, apelidos, enderezo postal, teléfono, enderezo electrónico, número de conta bancaria, NIF.
  • Datos persoais: Data nacemento, idade, sexo, excluíndo a raza, a saúde e a afiliación política.
Descrición dos destinatarios/as aos que se comunicaron ou comunicarán os datos persoais:
  • Non se contemplan destinatarios/as.
Prazos previstos para a supresión das diferentes categorías de datos:
  • No prazo de 1 mes desde que se produza e xustifique a solicitude de supresión dos datos agás que exista norma legal que obrigue á conservación dos datos durante un prazo determinado.

II. FICHEIRO EN PAPEL DE AFILIACIÓN:

Finalidade do tratamento:
  • Xestión das relacións entre a asociación e as persoas e entidades que se adhiren a esta.
Descrición das categorías de datos persoais que se recollen:
  • En xeral: as necesarias para xestionar as relacións persoas e entidades adheridas.
  • Datos identificativos: nome, apelidos, enderezo postal, teléfono, enderezo electrónico, número de conta bancaria, NIF.
  • Datos persoais: Data nacemento, idade, sexo, excluíndo a raza, a saúde e a afiliación política.
Descrición dos destinatarios/as aos que se comunicaron ou comunicarán os datos persoais:
  • Non se contemplan destinatarios/as.
Prazos previstos para a supresión das diferentes categorías de datos:
  • No prazo de 1 mes desde que se produza e xustifique a solicitude de supresión dos datos agás que exista norma legal que obrigue á conservación dos datos durante un prazo determinado.

III. FICHEIRO DE CORREOS ELECTRÓNICOS

Finalidade do tratamento:
  • Xestión da correspondencia electrónica da asociación.
Descrición das categorías de datos persoais que se recollen:
  • En xeral: as necesarias para xestionar a correspondencia electrónica da asociación, por medio dos dominios propios que dispoñen de servidor de correo-e: www.adecom.gal ou de servizos de mensaxería electrónica prestado por terceiros: www.google.comwww.gmail.com.
  • Datos identificativos: os que sexan obxecto da correspondencia electrónica.
  • Datos persoais: os que sexan obxecto da correspondencia electrónica.
Descrición dos destinatarios/as aos que se comunicaron ou comunicarán os datos persoais:
  • Todas as persoas físicas e xurídicas que manteñan correspondencia electrónica con ADECOM.
Prazos previstos para a supresión das diferentes categorías de datos:
  • No prazo de 1 mes desde que se produza e xustifique a solicitude de supresión dos datos agás que exista norma legal que obrigue á conservación dos datos durante un prazo determinado.

IV. FICHEIRO DE FORMULARIOS DE CONTACTO DE PÁXINAS E SERVIZOS WEB, MENSAXARÍA INSTANTÁNEA E CONTACTOS POR MEDIO DE REDES SOCIAIS

Finalidade do tratamento:
  • Xestión dos contactos realizados por persoas coa asociación por medios de formularios de contacto das súas páxinas e servizos web, mensaxaría instantánea e redes sociais.
Descrición das categorías de datos persoais que se recollen:
  • En xeral: as necesarias para xestionar o contacto coa asociación, por medio dos formularios dispostos na súa páxina web corporativa: www.adecom.gal, así como por medio das redes sociais e servizos de mensaxaría instantánea corporativos de ADECOM.
  • Datos identificativos: os que sexan obxecto da correspondencia electrónica.
  • Datos persoais: os que sexan obxecto da correspondencia electrónica.
Descrición dos destinatarios/as aos que se comunicaron ou comunicarán os datos persoais:
  • Todas as persoas físicas e xurídicas que manteñan contacto electrónico con ADECOM polos medios descritos.
Prazos previstos para a supresión das diferentes categorías de datos:
  • No prazo de 1 mes desde que se produza e xustifique a solicitude de supresión dos datos agás que exista norma legal que obrigue á conservación dos datos durante un prazo determinado.

10. As finalidades dos datos de carácter persoal recollidos

As finalidades dos datos persoais que se recollen polos encargados/as do tratamento e se depositan nos rexistros e ficheiros anteriormente relacionados, son as seguintes:

a) A xestión dos servizos que se prestan ás persoas asociadas e entidades federadas.
b) A xestión dos servizos de información que se prestan aos usuarios/as que navegan polas páxinas web e redes sociais corporativas de ADECOM.
c) A xestión das relacións cos provedores e provedoras de ADECOM.
d) A xestión da correspondencia electrónica por medio de dominios corporativos.
e) A xestión de contactos por medio de formularios das páxinas web corporativas, redes sociais corporativas e mensaxaría instantánea corporativa.

11. A cesión de datos de carácter persoal 

ADECOM non cede a terceiros os teus datos de carácter persoal, agás que tal cesión sexa expresamente autorizada por ti para un fin concreto, ou veña imposta por norma legal ou orde xudicial.
No caso de cesión autorizada por ti ADECOM solicitará o teu expreso consentimento escrito, informándote da identidade da cesionaria dos teus datos, da súa finalidade e dos teus dereitos, así como subscribindo con esta o correspondente contrato no que se recolla o alcance de tal cesión.

12. A conservación e a supresión dos datos de carácter persoal e a destrución de documentos

ADECOM conservará os datos que lle subministre calquera persoa física nos termos e durante os prazos que se pacten en cada relación contractual. Subsidiaria e supletoriamente os datos conservaranse mentres dure a relación contractual e/ou até que o interesado/a solicite a supresión destes.
ADECOM suprimirá, periodicamente, os datos persoais dos seus ficheiros nos termos e nos prazos que se establezan nas relacións contractuais que se pacten coas persoas que lle subministren tales datos.
ADECOM destruirá, periodicamente, os documentos en papel que conteñan datos persoais nos termos e nos prazos que se establezan nas relacións contractuais que se pacten coas persoas que lle subministren tales datos.
O anterior coas excepcións impostas polas obrigas legais e/ou xudiciais de conservación de datos.

13. As medidas de seguridade

ADECOM comprométese ao cumprimento do deber de confidencialidade, garda e custodia dos datos e para iso adoptará todas aquelas medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, de acordo co establecido por normativa aplicable.

14. As condicións xerais de uso, a propiedade intelectual e industrial e a información sobre cookies das nosas webs e redes sociais 

CONDICIÓNS XERAIS DE USO

A utilización do sitio web de ADECOM non implica a obrigatoriedade de inscrición ou rexistro da persoa usuaria.
As condicións de acceso e uso dos sitios web de ADECOM réxense pola legalidade vixente e polo principio de boa fe comprometéndose a persoa usuaria a realizar un bo uso do sitio web. Fican, xa que logo, prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros, dereito á intimidade e ao honor, protección de datos, propiedade intelectual e en definitiva calquera acción que poida constituír unha conduta ilícita. Expresamente e sen carácter taxativo ADECOM prohibe os seguintes:
  • Realizar accións que poidan producir nos sitios web ou a través destes, por calquera medio, danos aos sistemas de ADECOM ou a terceiros.
  • Realizar, sen a debida autorización, calquera tipo de publicidade ou información comercial, directamente ou de forma agachada, o envío de correos masivos non solicitados ("spamming") ou envío de grandes mensaxes, co fin de bloquear servidores da rede ("email bombing"). No caso de que ADECOM reciba notificación ou queixa dunha práctica deste teor, farao saber á persoa usuaria para que, con carácter inmediato, cese nela.
  • Así mesmo, fica expresamente prohibida a utilización de programas deseñados co fin de causar problemas ou ataques na rede, incluíndose na anterior prohibición o intento de pór a proba a seguridade dos servidores realizando calquera tipo de entrada ou acción que non resulte estritamente necesaria para o goce do servizo por parte da persoa usuaria.
ADECOM poderá interromper en calquera momento o acceso aos seus sitios web, se detectar un uso contrario á legalidade, á boa fe ou a estas condicións xerais.

Os contidos incorporados nos sitios web de ADECOM foron elaborados e incluídos por:
  • A propia ADECOM, utilizando fontes internas e externas, de tal xeito que a organización, unicamente, se fai responsable dos contidos elaborados de forma interna.
  • As persoas usuarias, a través de colaboracións ou introdución voluntaria de contidos, sendo estas as únicas responsables dos devanditos contidos e ficando expresamente exenta ADECOM de toda responsabilidade que se poida derivar destes.
  • Persoas físicas e/ou xurídicas alleas a ADECOM, ben a través de colaboracións que se insiren directamente nos sitios web, ben a través de enlaces ou ligazóns, sendo estas as únicas responsables dos contidos así introducidos e ficando expresamente exenta ADECOM de toda responsabilidade nos termos que especifica a lexislación galega, do Estado español e europea.
A persoa usuaria que desexe establecer unha hiperligazón no seu sitio web ao sitio web de ADECOM non realizará un uso ilegal ou contrario á boa fe das informacións e servizos postos a disposición no referido sitio web. Concretamente a persoa que introduza unha hiperligazón ou ligazóns comprométese a:
  • Non destruír, danar ou alterar de calquera forma os contidos e servizos postos a dispor da persoa usuaria no sitio web de ADECOM.
  • Non declarar/manifestar que ADECOM asume a supervisión da hiperligazón ou dos contidos da propia web da persoa usuaria que introduce unha ligazón ao sitio web de ADECOM no seu propio sitio web. ADECOM non será responsable en ningún caso dos contidos ou servizos da web da persoa usuaria onde se inclúa unha hiperligazón ou ligazón ao sitio web de ADECOM.
  • Non incluír no seu propio sitio web a marca, nome comercial ou calquera signo distintivo pertencente a ADECOM sen a previa autorización da entidade.
No caso de que sexa preciso o rexistro da persoa usuaria para a utilización dalgún servizo web de ADECOM, as condicións para o seu uso recolleranse nun contrato específico previo asinamento expreso por parte da persoa usuaria e de ADECOM.

PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

Os contidos, documentación, imaxes, gráficos, marcas, logos e deseño que forman das web son propiedade de ADECOM e atópanse debidamente protexidos, consonte coa normativa estatal e internacional sobre propiedade intelectual, polo que fica expresamente prohibida a súa reprodución ou uso, en calquera das súas formas, sen a previa e expresa autorización da Asociación. En caso contrario incorrerase nas responsabilidades legalmente establecidas.
A ADECOM correspóndelle o exercicio exclusivo dos dereitos de explotación dos dereitos de propiedade intelectual e industrial en calquera forma e, en especial, os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación.

Só fica autorizada a visualización, impresión e descarga parcial do contido da web se concorre algunha das seguintes condicións:
  • Que sexa compatible cos fins da web.
  • Que se realice co exclusivo ánimo de obter a información contida para uso persoal e privado. Prohíbese expresamente a súa utilización con fins comerciais ou para a súa distribución, comunicación pública, transformación ou descompilación.
  • Que ningún dos contidos relacionados na web sexan modificados de xeito ningún.
  • Que ningún gráfico, icona ou imaxe dispoñible no sitio web sexa utilizado, copiado ou distribuído separadamente do resto de imaxes que o acompañan.

POLÍTICA DE COOKIES:

Que son as cookies?

Este sitio, como moitos outros, utiliza cookies. Unha cookie é un ficheiro de texto simple que é almacenado no teu ordenador ou dispositivo móbil polo servidor web. Contén información anónima que permite que un sitio lembre cousas como as preferencias de navegación do usuario/a. As cookies poden axudar a obter unha mellor experiencia de navegación e axudarnos a mellorar a nosa web.
 
Cookies propias
 
Este sitio web non utiliza cookies propias creadas nin xestionadas por ADECOM.
 
Cookies creadas por terceiros

Esta web integra servizos externos como Google, Blogger, Facebook, Twitter, Instagram... que utilizan cookies propias do servizo. Cando visitas unha páxina con contido integrado de calquera servizo externo pode integrar cookies propias do servizo. Para máis información sobre esas cookies debes consultar as webs deses terceiros.

Como controlar e eliminar as cookies

Se desexas restrinxir ou bloquear as cookies podes facelo a través das opcións do teu navegador.

15. Exercicio dos teus dereitos 

Podes solicitar o exercicio dos seguintes dereitos diante de ADECOM:
  • Contacto co/a delegado/a de protección de datos.
  • Exercicio do dereito de acceso.
  • Exercicio do dereito de rectificación.
  • Exercicio do dereito de supresión.
  • Exercicio do dereito de oposición.
  • Exercicio do dereito á limitación do tratamento.
  • Exercicio do dereito a non ser obxecto de decisións individualizadas.
  • Exercicio do dereito á portabilidade dos datos.
Para facelo, dirixe un escrito ao correo electrónico adecom.gal@gmail.com, indicando no asunto o dereito que pretendes exercer (Por exemplo, "Exercicio do dereito de supresión"), e no corpo da mensaxe, como mínimo, os seguintes datos:
  • Nome completo da persoa física ou xurídica interesada. No caso de tratarse dunha persoa xurídica, débese acompañar tamén o nome da persoa física que redacta o escrito e acreditar o poder de representación que obstenta.
  • Fotocopia do Documento de identidade (ou equivalente que acredite a identidade considerado válido en dereito). No caso de que se actúe a través de representación legal deberá achegar, ademais, DI da persoa representante e documento acreditativo da representación que se obstenta.
  • Enderezo do medio de notificación da súa elección (electrónico ou postal).
  • Exposición de motivos do escrito.
  • Solicitude.
  • Data, lugar e sinatura.

Poderás acompañar á solicitude os documentos adxuntos que estimes convenientes.

Información de protección de datos

Os datos persoais recabados mediante este mecanismo son responsabilidade de ADECOM coa finalidade de tramitar os procedementos e actuacións derivadas do contido da solicitude, coa lexitimación do seu consentimento outorgado, cuxos destinatarios serán as persoas responsables ou encargadas do tratamento e, no seu caso, o/a delegado/a de protección de datos. Poderás exercer do mesmo xeito os dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición, portabilidade, esquecemento e limitación.

Publicacións populares deste blog

Nace ADECOM en defensa da Costa da Morte

Coinciden na necesidade urxente de superar o monocultivo do eucalipto na comarca

O clamor que nin a borraxeira pode agochar