Temos que rematar coa achega de plásticos a natureza e océanos
Con motivo do Día Internacional libre de bolsas de plástico, ADECOM lanza un dobre chamamento a sociedade e administracións para rematar coa achega de plásticos ao noso medio natural en xeral, e a océanos e ríos en particular.
O cambio de mentalidade da sociedade, piar fundamental para a eliminación do plástico
A sociedade debe tomar consciencia de que un só plástico vertido ao medio natural, incluso de moi baixa calidade, pode tardar 150 anos en descomporse; un plástico de alta calidade (por exemplo unha botella PET) pode tardar mil anos ou máis.
Por iso son tan necesarias medidas coma a eliminación das bolsas de plástico ou á prohibición europea da venda de cubertos e pallas de plástico lexislada hoxe mesmo, ás que debemos sumarnos todos e todas nós con xestos diarios tan sinxelos coma mercar a granel produtos non envasados, substituír as bolsas plásticas por bolsas de tela, deixar de usar botellas dun só uso por outras reutilizábeis... Mais sobre todo, é necesario o comportamento cívico de reducir ao mínimo a xeración de todo tipo de residuos, e depositar ese mínimo sempre nos sitios apropiados e nunca no medio natural nin na rúa, e moito menos cando se trate de plásticos, latas ou cabichas que tardarán ducias ou centos de anos en desaparecer en caso de chegar ao medio, durante os que poden afectar a centos de especies naturais.
Administracións, última barreira de contención entre o incivismo e o mar
Cando todo o anterior falla, aí deben estar as administracións públicas; ADECOM considera que deben ser a última barreira de contención que evite que o plástico chegue ao medio natural, e sobre todo a ríos e océanos, onde será moito máis difícil ou mesmo imposíbel xestionalo. Para iso, ADECOM propón ao conxunto das Administracións Públicas unha serie de medidas moi baratas e efectivas para evitar a chegada de plásticos ao medio e evitar que se transforme en microplásticos:
- Instalación de reixas de malla nos sumidoiros de augas pluviais para que plásticos e cabichas queden depositados nelas, e limpeza periódica das mesmas.
- Recollida previa de lixo e plásticos nas cunetas e taludes antes das rozas mecánicas, que poden converterse nun foco de xeración de microplásticos.
- Instalación, mantemento e recollida de papeleiras e lixeiras nos espazos de uso e lecer, e nas inmediacións dos espazos naturais.
- Especial vixilancia en eventos de gran afluencia e particularmente nos mercados municipais, grandes focos de xeración de residuos plásticos.
- Reforzo das bahías de contedores de reciclaxe, pois non sempre son suficientes nin se baleiran coa debida frecuencia.
Máis puntos limpos, tamén nos portos e no agro
- Nos portos, para aparellos (nasas, tramallos...) e residuos contaminantes coma aceites de motor.
- No interior da comarca, para os plásticos de silo e demais residuos agrogandeiros.
ADECOM salienta o papel das accións civís de limpeza manual da nosa costa
![]() |
Imaxe dunha limpeza desenvolta por voluntariado nas Illas Lobeiras en 2019 (Fonte) |
How do I make money from my bankroll? - Work Tomake Money
ResponderEliminarI am a regular moneymaker. 바카라 But 메리트 카지노 주소 in order to make money from my bankroll, I need to put in a few hours หาเงินออนไลน์ of work, the money that I earn for my bankroll.