As alcaldías da Costa da Morte deben situarse á fronte da veciñanza afectada polos eólicos

A recén estrada Comisión Rectora da Asociación en Defensa da Costa da Morte presentou hoxe escritos na totalidade dos municipios da Costa da Morte afectados por novos proxectos "macroeólicos", instando ás súas alcaldías, gobernos locais asi coma ao conxunto das corporacións municipais a colocarse á fronte das veciñanzas afectadas. ADECOM explicoulles que o gran volume de proxectos presentados está a desbordar ás entidades sociais, o que provoca que moita da veciñanza afectada por estas solicitudes se teña que enterar das mesmas por unhas poucas liñas na prensa, o que causa unha perigosa situación de descoñecemento sobre os mesmos e as verdadeiras consecuencias que poderían estar a xestarse para as súas vidas e o seu territorio, o que as empresas trasnacionais detrás destes proxectos aproveitan para gañarse a simpatía veciñal. A nova entidade social comarcal convidou a alcaldes e alcaldesas e resto de membros das corporacións locais a liderar o seu tecido veciñal e dotalo de t