Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2021

Papaventos contra viraventos, este sábado ás 16h en Candelago (Corme)

Imaxe
A Plataforma pola Defensa do Monte As Salgueiras e ADECOM convocamos á sociedade este sábado 30 de outubro ás 16.00h en Candelago (Corme, Ponteceso) a unha concentración contra a invasión eólica do noso País e para esixir ás administracións unha moratoria eólica inmediata e definitiva. O punto de encontro será no campo de fútbol municipal do Cairo . A mobilización ten a peculiaridade de que ao remate da lectura do Manifesto voaremos papaventos para plantar cara aos viraventos, polo que animamos a cada persoa a traer o seu. Se non tedes un, o compañeiro Sergio Tarrela da Asociación Comarea de Muxía amósanos como facer un con materiais caseiros reciclados.  

O clamor que nin a borraxeira pode agochar

Imaxe
O atropelo eólico na Costa da Morte e no sur da provincia da Coruña foi obxecto este sábado dunha mobilización veciñal convocada por varias asociacións do entorno, e secundada como non podía ser doutro xeito por ADECOM.  As Paxareiras foi o lugar elixido para realizar unha marcha que pretendía percorrer desde as 4 da tarde un dos parques eólicos máis grandes e antigos do País. Por desgraza, un tempo intempestivo impediu cumprir o plan, afectou indudabelmente á afluencia e desluciu o acto, obrigando a transformalo nunha caravana de vehículos ata o Mirador das Paxareiras, onde se deron cita preto de 200 persoas chegadas de todos os puntos da provincia. A pesar do mal tempo e da borraxeira que impedía ata ver os muíños que a pesar do seu minúsculo tamaño en comparación cos dos novos proxectos fungaban atroadoramente a escasos metros, o acto demostrou que a oposición veciñal aos novos proxectos eólicos vai aumentando, organizándose... e perdendo o medo.  Este mesmo mes terá lugar unha nov