Publicacións

A Costa da Morte súmase ás mobilizacións do 11-D contra os macroproxectos eólicos

O acto consistirá nunha andaina ata os penedos de Pasarela e Traba ás 11h Ao berro de "Eólica, asi non!", a veciñanza da Costa da Morte está chamada a secundar as mobilizacións convocadas o 11 de decembro, Día Internacional das Montañas, contra a vaga de macroproxectos eólicos coa que varias multinacionais enerxéticas están asediando, co visto e prace das administracións, os nosos principais espazos naturais. Na nosa comarca o acto consistirá nunha andaina e concentración, o vindeiro domingo día 11 de decembro ás 11:00 horas, desde a antiga escola unitaria de Pasarela ata o Penedo da Cachucha.  Agardamos contar contigo!

O Festival Atlántica de narración oral chega por primeira vez á Costa da Morte

Imaxe
O Festival Internacional de Narración Oral Atlántica está de 10º aniversario, e celébrao espallando a súa influencia por todo o País, tamén (e por primeira vez) á Costa da Morte. E farao por partida dobre:o vindeiro sábado 2 de xullo no Hórreo de Carnota, da man de ADECOM, e o seguinte sábado, 9 de xullo, no Monte Pindo, de man dunha das nosas entidades fundadoras. Sábado 2 de xullo, o hórreo de Carnota acolle o Atlántica Miúdo O público infantil (+ 3 anos) e xuvenil está de noraboa, xa que este sábado 2 de xullo poderá asistir ao Atlántica míudo , con Paula Carballeira e o seu " Camiños de mar, terra e vento ".  Será a partir das 20:30 horas no conxunto privilexiado que conforman o Hórreo , o Pombal e a Casa Reitoral de Carnota, a carón da Igrexa de Santa Comba de Carnota. A asistencia é libre e gratuíta.  Agradecemos ao arcebispado de Compostela a cesión do espazo. Polos camiños da terra van quen queren chegar lonxe, de vagar, atopando atrancos, e persoas descoñecidas, e

Eólica, asi non! O 11 de decembro subimos o Monte Pindo contra a invasión eólica

Imaxe
Con motivo do Día mundial das Montañas, o sábado, 11 de decembro, a Coordinadora “Eólica, Así Non” apoiada por máis de 170 colectivos de toda Galiza, convoca á sociedade galega a unha nova grande mobilización fronte a invasión eólica baixo o lema “Na defensa das montañas. Eólica Así Non”.  A cita na nosa comarca será ás 10:00 horas no lugar do Fieiro (Mazaricos), desde onde emprenderemos unha marcha reivindicativa ata a Moa, cume do Olimpo Celta, onde desenvolveremos unha impactante acción simbólica de denuncia do expolio eólico.  A mobilización está convocada por ADECOM, exercerá de anfitriona a Asociación Monte Pindo Parque Natural (cuxo presidente Xilberto Caamaño nos guiará na subida) e contará co apoio de ADEGA, Plataforma en Defensa do Monte das Salgueiras e Ecoloxistas en Acción.  Agardamos poder contar con todos e todas vós!

Papaventos contra viraventos, este sábado ás 16h en Candelago (Corme)

Imaxe
A Plataforma pola Defensa do Monte As Salgueiras e ADECOM convocamos á sociedade este sábado 30 de outubro ás 16.00h en Candelago (Corme, Ponteceso) a unha concentración contra a invasión eólica do noso País e para esixir ás administracións unha moratoria eólica inmediata e definitiva. O punto de encontro será no campo de fútbol municipal do Cairo . A mobilización ten a peculiaridade de que ao remate da lectura do Manifesto voaremos papaventos para plantar cara aos viraventos, polo que animamos a cada persoa a traer o seu. Se non tedes un, o compañeiro Sergio Tarrela da Asociación Comarea de Muxía amósanos como facer un con materiais caseiros reciclados.  

O clamor que nin a borraxeira pode agochar

Imaxe
O atropelo eólico na Costa da Morte e no sur da provincia da Coruña foi obxecto este sábado dunha mobilización veciñal convocada por varias asociacións do entorno, e secundada como non podía ser doutro xeito por ADECOM.  As Paxareiras foi o lugar elixido para realizar unha marcha que pretendía percorrer desde as 4 da tarde un dos parques eólicos máis grandes e antigos do País. Por desgraza, un tempo intempestivo impediu cumprir o plan, afectou indudabelmente á afluencia e desluciu o acto, obrigando a transformalo nunha caravana de vehículos ata o Mirador das Paxareiras, onde se deron cita preto de 200 persoas chegadas de todos os puntos da provincia. A pesar do mal tempo e da borraxeira que impedía ata ver os muíños que a pesar do seu minúsculo tamaño en comparación cos dos novos proxectos fungaban atroadoramente a escasos metros, o acto demostrou que a oposición veciñal aos novos proxectos eólicos vai aumentando, organizándose... e perdendo o medo.  Este mesmo mes terá lugar unha nov

A tres días do remate do prazo de alegacións, as alcaldías aínda non se dirixiron á veciñanza afectada polo P. E. Sembra

Imaxe
  Posto informativo na praia do Ézaro (Dumbría), o pasado sábado A Asociación en Defensa da Costa da Morte vai presentar este venres ás 10:30 horas ante o rexistro do Concello de Cee máis de medio milleiro de alegacións recollidas nos últimos días nos municipios de Cee, Fisterra e Dumbría, afectados polo proxecto de Parque Eólico Sembra que pretende montar Volantis Renovables nos seus montes. Posto informativo montado o pasado venres na Feira de Fisterra Este venres 20 de agosto remata o prazo de alegacións , e incomprensiblemente non nos consta que ningunha alcaldía se puxera en contacto coas veciñanzas afectadas, como lles pediu ADECOM hai case dous meses . De feito, foron as grandes ausentes dos postos informativos instalados pola nosa organización nas localidades afectadas polos macroeólicos (si se teñen achegado membros das corporacións). Non se entende que os nosos gobernos locais, máximas representacións da nosa veciñanza que ademais contan con todos os medios humanos e económ

Segue o desmantelamento da rede de oficinas de ABANCA na Costa da Morte

Imaxe
Por se a Costa da Morte atravesara xa poucas calamidades, segue outra sangría lenta pero imparable: o desmantelamento da rede de oficinas da que foi a principal caixa de aforros pública do noso entorno, que en cousa de dez anos foi fusionada con Caixanova, convertida en banca privada, e finalmente malvendida a uns especuladores que agora fan caixa a conta dos nosos aforros, e que para colmo veñen de recibir unha xugosa subvención de 2,8 millóns de euros públicos da Xunta para que pechen as oficinas dos nosos Concellos rurais e substitúan e os seus empregados e empregadas por un caixeiro automático. Zas e Baíñas reciben a última estocada a este servizo tan necesario no medio rural polo avellentamento da poboación, pero non hai moito tempo foron Dumbría, Lira, O Pindo... e mañá pode ser o teu concello.  Desde ADECOM expresamos a nosa solidariedade coa veciñanza afectada e tamén nosa indignación por esta nova aldraxe ao noso rural e á Costa da Morte. Estaremos alí onde se requira do noso

Tras o éxito da recollida de alegacións en Cee, estaremos en Fisterra e Dumbría

Imaxe
A veciñanza da Costa da Morte asinou xa unhas 300 alegacións contra o Parque Eólico de Sembra este domingo no posto informativo instalado no Mercado Municipal de Cee ao que se achegaron varios centos de persoas para informarse do verdadeiro alcance e prexuízos do proxecto e tamén subscribir o escrito de alegacións. A inmensa maioría de persoas que visitaron o posto de ADECOM fixérono cunha clara preocupación polo devir da que segue a ser practicamente a única zona da nosa bisbarra libre deste tipo de instalacións, a súa proximidade ás casas (uns 500 metros nalgún punto) e o beneficio practicamente nulo sobre as oportunidades de vida no entorno, xa que esa enerxía prodúcese para exportar e vender fóra, co cal só suporá beneficios á empresa promotora do proxecto (Volantis Renovables) mentras que a veciñanza seguirá a pagar unha das facturas da luz máis caras do estado e verá como perde a soberanía sobre as súas propiedades asi coma que o seu prezo de mercado se reducirá de media un 30%.

Non ao proxecto eólico de Sembra!

Imaxe
  Esta imaxe cos nosos montes no seu estado natural podería ser historia en poucos meses Unha nova ameaza pende sobre a Fin da Terra, xa que a administración recibiu a solicitude para a construción dun novo parque eólico chamado "Sembra", sito nos Concellos de Cee e Fisterra, practicamente a última zona deste entorno libre de macroinstalacións deste tipo. O proxecto, promovido pola empresa Volantis Renovables, unha sociedade limitada unipersoal constituída este mesmo ano por Juan Jesús Berzosa Aránguez (dono de outra multitude de empresas eólicas), prevé a creación nos montes de Cee e Fisterra dun número de 12 aeroxeradores e as súas correspondentes infraestruturas industriais, viarias e de evacuación da enerxía ata o Parque Eólico das Paxareiras, que suporán un tremendo impacto ecolóxico, na habitabilidade e na paisaxe desta zona da Costa da Morte que a fai coñecida internacionalmente, e que non se librará, de prosperar este proxecto, de que os aeroxeradores formen parte das

ADECOM adhire á Rede do Patrimonio Cultural

Imaxe
A comisión coordinadora da Rede do Patrimonio Cultural (RPC) , principal plataforma cooperativa das entidades sociais galegas dedicadas á defensa do patrimonio cultural, aprobou onte a adhesión da Asociación en Defensa da Costa da Morte (ADECOM). Desde ADECOM saudamos a importante labor que en defensa do patrimonio do País fai a Rede e as entidades que a conforman, e agardamos que a nosa achega sexa positiva para o conxunto das mesmas e sobre todo para o patrimonio cultural galego e da Costa da Morte.